57a48009abc1017d14703ed6c83eb4d8.ppt
- Количество слайдов: 83
curuxas, mouchos, bufos e outras xentes de semellante condición (III)
Nesta terceira parte, se fóstedes quen de aguantar as outras, veredes ao resto dos parentes
bufo real búho real hontz handi duc bufo real eagle owl hibou grand duc uhu gufo reale bufo real (Bubo bubo). Mide de 29 a 73 cm de alto, de 1, 38 a 1, 7 m de envergadura, e pode pesar de 1, 5 a 4 kg. É a rapaz nocturna máis grande. Vive en Europa, Asia e África. Pode vivir 20 anos e chegar aos 60 en cautividade. Describíronse 20 subespecies.
Bufo cornudo, bufo real ou bufo americano (Bubo virginianus). Pesa desde 650 gr ata 1 kg. vive en case toda América, desde o sur do Canadá ata o centro da Arxentina. Coñécense 13 subespecies.
Bufo real de Bengala, Bufo real indio ou Bufo real das rochas (Bubo bengalensis). Mide uns 53 cm. Atópase polo sur de Asia.
Bufo do deserto, bufo do Sahara ou bufo faraón (Bubo ascalaphus). Mide uns 50 cm. Atópase no norte de África e no Oriente Medio. Coñécense 2 subespecies.
Bufo do Cabo (Bubo capensis). Mide entre 50 e 60 cm e pode pesar ata 1, 8 kg. atópase nunha faixa entre Eritrea e Sudáfrica.
Bubo mackinderi. Atópase en África donde ten duas poboacíóns unha entre Kenia e Uganda e outra entre Mozambique, Malawi e Zimbabwe. Considerouse ata hai pouco unha subespecie do bufo do Cabo.
Bufo manchado (Bubo africanus). Mide uns 45 cm de media e pesa entre 480 e 850 gr. Vive na metade sur de Áfricae no sur da península Arábica. Coñécense 3 subespecies.
Bufo vermiculado ou bufo cincento (Bubo cinerascens). Mide uns 43 cm de media e pesa uns 500 gr. Atópase en África, nunha faixa do leste ao oeste, entre o deserto do Sahara e o Ecuador.
Bufo de Guinea (Bubo poensis). Mide uns 42 cm e pode pesar ata 650 gr. Atópase na metade oeste de África Ecuatorial.
Bufo de Usambara (Bubo vosseleri). Endémico de Tanzania, onde só se atopa en dúas localizacíons diferenciadas nasmontañas Usambra y Uluguru.
Bufo do Nepal (Bubo nipalensis). Mide ata 63 cm e pesa 1, 5 kg. Vive ao norte e ao sur da India e en Asia suroriental. Coñécense 2 subespecies.
Bufo malaio (Bubo sumatranus). Mide de 41 a 46 cme pesa entre 1400 e 1600 gr. Vive en Malasia, Indonesia e outras illas do océano Índico. Coñécense 3 suespecies.
Bufo de faixas (Bubo shelleyi). Mide arredor de 60 cm. Atópase, en diferentes poboacións illadas, en África Ecuatorial.
Bufo lácteo ou bufo de Verreaux (Bubo lacteus). Mide ata 80 cm, ten unha envergadura de 2 m e un peso medio de 4 kg. Pódese atopar en case toda África ao sur do Sahara.
Bufo sombrío, bufo surasiático ou búho de Coromandel (Bubo coromandus). Mide, de media, de 55 a 60 cm. Vive no sur de Asia.
Bufo Akún (Bubo leucostictus). Mide uns 45 cm e pesa ata 600 gr. Vive en África Tropical.
Bufo filipino (Bubo philippensis). Mide uns 45 cm. É endémico das Filipinas e atópase na maior parte das illas. Coñécense 2 subespecies.
Bufo do Ártico, bufo nival ou bufo branco (Bubo scandiacus ou Nyctea scandica). Mide de 53 a 65 cm e de 120 a 150 cm de envergadura. Atópase por toda a costa do Océano Ártico.
Bufo manchú ou bufo pescador de Blakiston (Bubo blakistoni ou Ketupa blakistoni). Mide entre 51 e 61 cm. Vive ao norte de Asia occidental.
Bufo pescador pardo (Bubo zeylonensis o Ketupa zeylonensis). Mide uns 55 cm e pesa de 2 a 2, 5 kg. atópase polo sur de Asia e ten unha pequena poboación na costa asiática do mar Mediterráneo. Coñécense 4 subespecies.
Bufo pescador Tawny (Bubo flavipes ou Ketupa flavipes). Vive nos bosques temperados e subtropicais do surleste de Asia.
Bufo pescador malaio (Bubo ketupu ou Ketupa ketupu). Vive no surleste de Asia continental e nas illas máis grandes de Indonesia.
Bufo de cornos brancos (Lophostrix cristata). Mide ata 40 cm. Vive nos bosques húmidos tropicais ou subtropicais de América Central e a metade norte de América do Sur
Bufo pescador de Pel (Bubo peli ou Scotopelia peli). Mide de 51 a 63 cm, ten unha envergadura de 1, 5 m e pesa algo máis de 2 kg. Vive na metade sur de África.
Bufo pescador vermello ( Bubo ussheri ou Scotopelia ussheri). Vive na costa tropical de áfrica Occidental.
Bufo pescador vermiculado (Bubo bouvieri ou Scotopelia bouvieri). Attópase nos bosques de ribeira da África Ecuatorial occidental.
bufo pequeno búho chico hontz ertain mussol banyut coruja pequena long eared owl hibou moyen duc waldohreule gufo comune Bufo pequeno (Asio otus). Mide de 35 a 37 cm e pesa de 210 a 330 gr. Pode vivir de 10 a 15 anos. Coñécense 4 subespecies
curuxa das xunqueiras lechuza campestre zingira hontz mussol emigrant coruja dos bañados short eared owl hibou des marais sumpfohreule gufo di palude Curuxa das xunqueiras (Asio flammeus). Mide de 34 a 42 cm e pesa entre 250 e 450 gr. Vive de 10 a 15 anos. Coñecense 10 subespecies.
Bufo de Abisinia ou Bufo pequeno africano (Asio abyssinicus). Distribúese en varias poboacións nos países do centro-leste de África.
Bufo moro (Asio capensis). Mide de 35 a 37 cm. Atópase en África. Ten unha área ampla de distribución no sur e grupos de poboación illados por numerosos puntos do continente.
Curuxón orelludo (Asio clamator ou Pseudoscops clamator). Ten unha ampla área de distribución en América do Sur e en América Central
Bufo de Madagascar (Asio madagascariensis). Mide entre 40 e 50 cm. É endémico de Madagascar.
Siguapa (en Cuba) (Asio stygius). Mide uns 43 cm. Atópase en Centroamérica, en gran parte da Amazonía e nas grandes illas do Caribe.
Bufo de ventre raiado (Pulsatrix melanota). Mide entre 35 e 48 cm e pesa de 600 a 1. 250 gr. Atópase en Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia.
Curuxón de anteollos (Pulsatrix perspicillata). Ten unha ampla distribución en América Central e os bosques de América do Sur. Coñécense 6 subespecies.
Curuxón acollarado pequeno ou curuxón de anteollos menor (Pulsatrix koeniswaldiana). A tópase entre Brsial, Paraguai e a Arxentina.
avelaiona cárabo urubi arrunt gamarús aluco tawny owl chouet hulotte waldkauz allocco cárabo común (Strix aluco). Mide de 37 a 40 cm, ten unha envergadura de 80 a 95 cm e pesa uns 600 gr. Vive nos bosques de Europa, algunhas zonas do oeste de Asia e o norte de África. Coñécense 11 subespecies.
Avelaiona patibranca (Strix albitarsis ou Ciccaba albitarsis). Atópase en bosques de Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia. Coñécense 3 subespecies.
Avelaiona árabe (Strix butleri). Mide entre 29 e 33 cm. Vive en varias zonas da Península Arábiga, Israel e Exipto.
Avelaiona chaqueña ( Strix chacoensis ). Vive no Gran Chaco, entre Bolivia, Arxentina e Paraguai.
Avelaiona de Sichuan (Strix davidi) Só se atopa nesa área da China.
Avelaiona guatemalteca ou bufo leonado (Strix fulvescens). Mide de 41 a 44 cm. Vive en América Central.
Avelaiona brasileira, avelaiona listada ou curuxa listada (Strix hylophila). Mide de 33 a 38 cm e pesa de 285 a 340 gr. Vive entre o sur do Brasil, o leste do Paraguai e o noroeste da Arxentina.
Avelaiona negra, curuxa negra ou ñacurutu hu (Strix huhula ou Ciccaba huhula). Mide de 35 a 40 cme pesa entre 350 e 400 gr. Vive nas selvas de América do Sur.
Avelaiona oriental ( Strix leptogrammica). Mide entre 45 e 57 cm de largo, vive no sur de Asia. coñécense 13 subespecies.
Avelaiona lapona (Strix nebulosa). Mide entre 61 e 84 cm e pesa de 600 a 1. 900 gr. Vive nos bosques temperado-fríos de Eurasia e Norteamérica. Coñécense 2 subespecies.
Avelaiona branquinegra ou bufo de cara negra (Strix nigrolineata ou Ciccaba nigrolineata). Vive en América Central e o noroeste de Sudamérica.
Avelaiona californiana, bufo manchado ou moucho brahmán (Strix occidentalis). Mide 43 cm e pesa uns 600 gr. Vive nos bosques do oeste de Norteamérica. Coñécense. 3 subespecies.
Avelaiona india (Strix ocellata). Vive na India. Coñécense 3 subespecies.
Bufo de Omán (Strix omanensis). Só se atopa en Omám. Foi descuberto o ano 2013.
bufo de madeira manchado (Strix seloputo). Vive no oeste de Indochina e nas illas occidentais de Indonesia. Coñécense 3 subespecies.
Concón ou curuxa bataraz austral (Strix rufipes). Mide uns 38 cm. Vive na metade sur de Chile e nas áreas fronteiras de Arxentina.
Avelaiona uralense( Strix uralensis). Mide uns 60 cm de longo e pesa entre 500 e 1300 gr. Vive no norleste de Europa e o norte de Asia. Coñécense 11 subespecies.
Avelaiona norteamericana (Strix varia). Vive na metade leste de Norteamérica e está a extenderse cara ao oeste.
Avelaiona de cor café, bufo café ou curuxa de cor café (Strix virgata ou Ciccaba virgata). Vive en Centroamérica e nas áreas máis calidas de Sudamérica.
Avelaiona africana (Ciccaba woodfordii ou Strix woodfordii). Mide entre 30 e 36 cm de longo e pesa de 240 a 350 gr. Vive en case toda a África subsahariana.
Nínox falcón ou bufo falcón de Nova Guiné (Uroglaux dimorpha). Vive nos bosques húnidos e de galería de Nova Guiné de onde é endémico.
Nínox das illas Bismarck ou nínox de Nova Irlanda (Ninox variegata). Mide de 25 a 30 cm. Vive nos bosques das terras baixas das illas máis grandes do arquipélago das Bismarck.
Nínox de Andamán (Ninox affinis). Vive nos manglares e nos bosques das terras baixas da illas Andamán de onde é endémico.
Nínox de Togian (Ninox Burhani). Foi descuberto no ano 1999 e descrito no ano 2004. Só se coñece en tres illas do golfo de Tomini nas costas de Sulawesi (Indonesia). Hai uns 1. 000 exemplares.
Nínox ladrador ou bufo de Barking (Ninox connivens). Mide entre 39 e 44 cm e pesa de 500 gr a case 1 kg. vive en bosques preto da auga. Atópase por case toda a costa de Australia, en Nova Guiné e as illas Molucas.
Nínox cinabrio ou nínox vermello (Ninox ios). Mide arredor de 22 cm. Vive só nalgúns bosques da illa de Sulawesi.
Nínox das illas Salomón (Ninox jacquinoti). Mide de 23 a 30 cm. Atópase nos bosques de terras baixas das illas Salomón.
Nínox do norte (Ninox japonica). Vive nunha zona que inclúe territorios de Rusia, China, Corea do Norte, Corea do Sur e o Xapón.
Nínox de Manus (Ninox meeki). É endémico e común na illa de Manus. Vive principalmente nos bosques, pero aparece habitualmente nos xardíns.
Nínox da illa de Christmas (Ninox natalis). É endémico da illa de Christmas onde viven uns 1. 000 exemplares.
Nínox maorí (Ninox novaeseelandiae). Mide arredor de 30 cm. É o bufo máis abondoso de Australia. Atópase en gran parte das illas do surleste asiático, e en Australia, Tasmania e Nova Celandia, onde vive en case todos os hábitats arborados.
Nínox ocráceo (Ninox ochracea). Vive nos bosques de Indonesia.
Nínox de Nueva Bretaña (Ninox odiosa). Mide ata 22 cm. Vive nos bosques dos montes de Nova Bretaña, a illa do arquipélago das Bismarck do que é endémico e bastante común.
Nínox filipino (Ninox philippensis). Mide 21 a 26 cm. Atópase nas zonas forestales das illas Filipinas, das que é endémico. Coñécense varias subespecies e algunhas variacións.
Nínox punteado (Ninox punctulata). Mide de 17 a 20 cm. Vive en bosques abertos e zonas de cultivos de Indonesia.
Nínox de Rand ou nínox chocolate (Ninox randi). Mide entre 27 e 33 cm. Atópase en bosques da maioría das illas grandes das Filipinas.
Nínox da illa de Sumba (Ninox rudolfi ou Ninox sumbaensis). Vive nos bosques secos tropicais e subtropicais da illa de Sumba (Indonesia) da que é endémico.
Nínox vermello (Ninox rufa). Mide entre 46 e 57 cm e pesa entre 700 gr e 1 kg. Vive nas selvas e outras zonas húmidas do norte de Australia e Nova Guiné. Coñécense 5 subespecies.
Nínox pardo (Ninox scutulata). Mide uns 32 cm. Vive nos bosques do sur e do leste de Asia, desde Sri Lanka a Rusia, incluídas a maioría das illas de Indonesia, as Filipinas e o Xapón.
Nínox das Molucas (Ninox squamipila). Vive nos bosques secos das illas do arquipélago das Molucas. Están descritas 3 subespecies con grandes diferencias entre elas.
Nínox robusto (Ninox strenua). Mide de 45 cm a 65 cm e pesa de 1 a 1. 7 kg. É o máis grande dos bufos australianos. Vive en zonas arboradas, bosques e xardíns, do surleste e o leste de Australia.
Nínox malgache (Ninox superciliaris). Habita bosques e matogueiras semiáridas de Madagascar.
Nínox papú (Ninox theomacha). Vive nas beiras dos bosques de Papúa-Nova Guiné.
Sijú cotunto ou cuco (Gymnoglaux lawrencii). Mide cerca de 22 cm. Vive nos bosques densos da illa de Cuba
Fin da terceira parte Como os parentes son tantos, que facerían esto longo de máis, fixen tres capítulos separados, no primeiro están as curuxas, no segundo están os mouchos, e neste terceiro os bufos e o resto. As imaxes fotográficas foron collidas da internet. Agradézolle aos autores a súa dispoñibilidade, e agardo saiban disculpar o uso que fixen delas. Mon Daporta
57a48009abc1017d14703ed6c83eb4d8.ppt