Скачать презентацию CEIP da TORRE — CELA INICIO Скачать презентацию CEIP da TORRE — CELA INICIO

a52041e84bd617276ee4bc1e8b1e63e6.ppt

  • Количество слайдов: 41

CEIP da TORRE - CELA CEIP da TORRE - CELA

INICIO INICIO

INICIO INICIO

INICIO INICIO

Nace no ano 69 a. de C. e morre no 30 a. de C. Nace no ano 69 a. de C. e morre no 30 a. de C. Cleopatra era a filla maior de Ptolomeo XII, coñecido como “Auletes”. Era o soberano de Exipto e moi pouco querido polo seu pobo pola despreocupación que mostraba ante os graves problemas que asolaban o seu país, pola súa corrupción, e por ser máis amante das festas que das cuestións de Estado. Unha vez morto Ptolomeo XII, Cleopatra foi nomeada raíña única e absoluta de Exipto, despois de moitas loitas para facerse co poder. Era famosa pola súa sabiduría. Falaba moitos idiomas e tiña coñecementos de matemáticas, astronomía, mediciña, ciencias políticas… e ademáis era una muller dunha gran beleza. Políticamente foi moi ambiciosa e tivo que facer frente a moitas situacións delicadas. Instaurou novas leis e modificou outras en favor da súa propia xente. Estivo unida persoal e politicamente a Xulio César (político romano) ata que éste foi asasinado e, máis tarde, uníuse a Marco Antonio (xeneral e político romano). Despois de moitos acontecementos decidiu suicidarse coa mordedura dun áspid que puxo no seu peito. CLEOPATRA VOLTAR

É considerada por moitos a primeira muller científica da historia. Nun tempo no que É considerada por moitos a primeira muller científica da historia. Nun tempo no que as mulleres non tiñan acceso ó saber, Hypatia logrou abrirse camiño na ciencia e chegar a ter un gran recoñecemento público. Hypatia naceu en Alejandría ó redor do ano 370 d. C. Co tempo convertirase nunha muller brilante e de gran beleza. Seu pai, o filósofo e matemático, Teón de Alejandría, sempre coidou moito a súa educación. El desexaba que a súa filla fora “un ser humano perfecto”. Hypatia recibiu unha educación científica moi completa. Facía tódolos días unha rutina física que lle permitía manter o seu corpo saudable así como unha mente activa. Hypatia rexeitó casarse para adicarse integramente a cultivar a súa mente. O seu pai traballaba no Museo de Alejandría. Este museo tiña máis de cen profesores que vivían alí. Hypatia entrou a estudiar con eles y, a pesares de que viaxou a Atenas e Italia para recibir alguns cursos, se formou como científica no propio museo e formou parte del ata a súa morte. Chegou a dirixilo ó redor do ano 400. Polas súas ideas contrarias ó cristianismo foi asasiñada por un grupo de fanáticos relixiosos, que dunha maneira cruel, puxeron fin a súa vida. A golpearon e arrastraron por toda a cidade. A espiron, a esnaquizaron cunchas mariñas e os seus restos foron paseados pola cidade, ata queimaron. HYPATIA DE ALEJANDRÍA VOLTAR

JUANA DE ARCO Juana de Arco naceu nun pequeno pobo de Francia, Domréhy, o JUANA DE ARCO Juana de Arco naceu nun pequeno pobo de Francia, Domréhy, o 6 de xaneiro de 1412 e morre o 30 de maio de 1431 en Ruan (Francia ). Xa con 17 anos encabezou o exército real francés. Convenceu ao rei Carlos VII de que expulsaría aos ingleses de Francia e éste doulle autoridade sobre o seu exército e despois de moitas batallas o conseguiu. Como recompensa o rei non lle cobraba os impostos ao seu pobo. Posteriormente foi capturada e entregada aos ingleses. Un tribunal eclesiástico a xuzgou e a condearon por herexía e a queimaron viva en Ruan. Vintecinco anos despois da súa morte o rei Carlos VII mandou á Iglesia que revisara o xuízo que se lle fixera a Juana e a súa familia tamén reuniu probas e enviaronllas ao Papa Nicolás V pero éste negouse a reabrir o proceso. Morto este Papa foi elexido un novo Papa Calixto III e él foi o que pudo demostrar a inocencia de Juana. Finalmente xa no século XX foi declarada santa e patrona de Francia. A súa fama extendeuse inmediatamente despois da súa morte e foi contemplada por moitas persoas como unha muller notable: valente, vigorosa e cunha gran fe. VOLTAR

Naceu en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 22 de abril de 1451 Naceu en Madrigal de las Altas Torres (Ávila) o 22 de abril de 1451 e morreu o 26 de novembro de 1504 en Medina del Campo. Foi raíña de Castela dende 1474 ata 1504. Era filla de Juan II de Castela e Isabel de Portugal e irmá de Enrique IV. Cando morreu o seu pai ocupou o trono Enrique IV, o impotente, un home tímido e irresoluto que recoñeceu a Isabel como herdeira e sucesora do trono contra os dereitos da súa filla Juana la Beltraneja. Isabel casou con Fernando, príncipe herdeiro da Coroa de Aragón en 1469, casamento que se celebrou en segredo en Valladolid. Ó ano seguinte, molesto con este matrimonio, Enrique IV decidiu desherdar a Isabel y rehabilitar a Juana como herdeira do trono. Cando faleceu Enrique IV en 1474, entablouse unha guerra civil entre os partidarios de Isabel e os defensores dos dereitos de “la Beltraneja”. O exército de Isabel, ao mando do seu home Fernando, venceu aos partidarios de “la Beltraneja” e Isabel foi proclamada raíña. Para consolidar a monarquía Isabel creou a “Santa Hermandad”, institución encargada de manter a orde pública e centralizou a administración para reducir o poder da nobreza. Para manter a pureza da fé proclamou o Tribunal da Inquisición i expulsou do país a todos os que non eran católicos. Derrotou aos moros quedaban no reino de Granada e favoreceu o descubrimento de América por Cristóbal Colón. Para potenciar a economía incentivou o desenvolvemento da gandeiria ovina e do comercio da lá. Isabel a Católica finou no ano 1504 en Medina del Campo. O papa Alejandro VI lle concedeu o título, “La Católica”. ISABEL A CATÓLICA VOLTAR

TERESA DE JESÚS Naceu o 28 de marzo de 1515 en Ávila, morreu o TERESA DE JESÚS Naceu o 28 de marzo de 1515 en Ávila, morreu o 4 de outubro de 1582 en Alba de Tormes (Salamanca). Dende pequena comezou a sentir mística exaltación. Aos sete anos fuxiu da súa casa co seu irmán Rodrigo a buscar o martirio. Volta ao seu fogar, aos doce anos pasou pola dor de perder a súa nai, o que afectou en extremo a súa vocación relixiosa. Foi reformadora relixiosa e fundadora das carmelitas descalzas, promovendo unha reforma dentro do cristianismo que chamaba a austeridade dos relixiosos. Santa Teresa de Jesús tamén destaca por ser unha gran escritora mística, publicou o seu primeiro libro en 1564, “La Vida”. Tamén realizou máis obras coma “Las moradas o castillo interior” e algunhas poesías. VOLTAR

María Mayor Fernández de Cámara y Pita naceu en A Coruña o 1565 pero María Mayor Fernández de Cámara y Pita naceu en A Coruña o 1565 pero non se sabe a data completa. O 4 de marzo de 1589 as tropas Inglesas dirixidas por Francis Drake, abriron unha brecha na muralla e comenzaron o asalto á Cidade de A Coruña no barrio da “Pescadoira”, dirixidas por un alférez que, coa bandeira da resistencia conseguiu chegar a parte máis alta da muralla. Maria Pita matou ao alférez inglés, non se sabe con que arma se levou a súa norte, hai quen di que foi cunha espada do seu defunto marido. Estivo catro veces casada e tivo catro fillos. Ao enviudar por última vez o rei Felipe II concedeulle unha pensión que equivalía ao soldo dun alférez máis cinco escudos mensuais e concedeulle a exportación de mulas de España a Portugal. Foi unha heroína da defensa de A Coruña en 1589 contra a Armada Inglesa dirixida polo corsario Francis Drake. Morreu en 1643 aos 78 anos. MARÍA PITA VOLTAR

CATALINA II DE RUSIA Catalina a Grande naceu o 2 de maio de 1729 CATALINA II DE RUSIA Catalina a Grande naceu o 2 de maio de 1729 en Szczecin (Pomerania). A súa educación foi proporcionada principalmente por profesores franceses. En 1745, casou co duque Pedro Holstein, herdeiro ao trono ruso en 1754 e deu a luz un fillo, o futuro emperador Paulo Petrovich. Estivo preocupada pola cultura do seu país. A corte rusa daqueles anos comenzou a afrancesarse, os nobres eran educados e aprendeu o idioma e cultura francesa. Catalina logrou expandir o territorio ruso poñendo en marcha dúas guerras contra o Imperio Otomano e anexou a Crimea en 1783. Tivo unha intensa vida amorosa, pero o gran amor da súa vida foi o Príncipe Grigory Potemkin, o seu grande apoio político. Catalina II de Rusia destaca históricamente por ser estadista e revolucionaria, dándolle ao imperio ruso un gran poderío. Morreu en San Petersburgo o 17 de novembro 1796, cando tiña a intención de unirse a unha coalición europea contra Francia. VOLTAR

Mary Wollstonecraft, nace o 27 de abril de 1759 en Londres e falece o Mary Wollstonecraft, nace o 27 de abril de 1759 en Londres e falece o 10 de setembro de 1797 aos 38 anos en Londres. Foi unha filósofa e escritora británica. O seu pai era un texedor de seda que herdara unha importante cantidade de diñeiro o cal derrochou en proxectos especulativos. Tanto por parte do público en xeral como polas feministas, a vida de Wollstonecraft foi obxecto do mesmo interese, se non maior cas súas obras, debido ás súas relacións pouco convencionais e a miúdo tumultuosas. Tras dous romances malogrados con Henry Fuseli e Gilbert Imalay, Mary casou co filósofo William Godwin, un dos percusores do movemento anarquista. Con el tivo unha filla, Mary Shelley, autora de Frankenstein e dona do coñecido poeta romántico Perey Bysshe. Hoxe en día, Mary está considerada unha das percusoras da filosofía feminista. Durante a súa curta carreira escribiu novelas, tratados, un relato de viaxes e un libro de literatura infantil. Mary é coñecida pola reivindicación dos dereitos da muller, no cal argumenta que as mulleres non son por naturaleza inferiores aos homes, senon que tan só poden parecelo debido a que non tiveron acceso a educación axeitada. Suxire que os homes e mailas mulleres deberían ser tratadas como seres racionais e imaxina unha orde social baseada na razón. MARY WOLLSTONECRAFT VOLTAR

JANE AUSTEN Jane Austen naceu o 16 de decembro de 1775 en Steventon, Inglaterra. JANE AUSTEN Jane Austen naceu o 16 de decembro de 1775 en Steventon, Inglaterra. A súa familia pertencía a burguesía agraria. Foi a séptima filla dunha familia de oito irmáns e o seu pai, un pastor anglicano rector da parroquia de Steventon, encargouse persoalmente da súa educación. Jane Austen tivo unha vida sen grandes acontecimentos, sen nada que turbara a placidez dunha existencia pequeno burguesa e provinciana, só moi de tarde en tarde realizou algún que outro viaxe a Londres. Non chegou a casar. Foi unha gran escritora. Algúns dos seus primeiros traballos editáronse no libro “Amor y amistad “ e outras obras (1922). Trala súa morte o 18 de xullo de 1812 en Winchester, publicáronse varias novelas incompletas. A ironía que emprega para dotar de comicidade as súas novelas fai que Jane Austen sexa contada entre os “clásicos” da novela inglesa. O interese hacia a súa obra segue manténdose na actualidade, sendo lida por un público moi amplo. Algunhas das suas obras: “Emma”, “Sentido y sensibilidad”, “Orgullo y prejuicio”… VOLTAR

Concepción Arenal naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e morreu o Concepción Arenal naceu en Ferrol o 31 de xaneiro de 1820 e morreu o 4 de febreiro de 1893 en Vigo. Nacida no seo dunha familia modesta. O seu pai era un militar que sufriu represións pola súa ideoloxía liberal No ano 1829 marchan, ela, súa nai e a súa irmá , cando solo tiña 8 anos, a Cantabria onde recibiu unha formación relixiosa. Xa en Madrid estuda nun colexio de señoritas. Sete anos despois asiste como oínte as clases da facultade de dereito da universidade central, vestindo roupas masculinas, a educación universitaria estaba vedada as mulleres. Tamén vestiuse de home e participou en tertulias políticas e literarias, loitando así contra o establecemento na época para a condición feminina. Ela acabou a carreira e casouse no ano 1842 co abogado e escritor Fernando García Carrasco. Despois de uns anos eles colaboraron no xornal liberal ” A Iberia ” ata que el morreu no ano 1857. Mudouse a Cantabria (Potes) co dos fillos funda no ano 1839 o grupo feminino de las conferencias de San Vicente de Paúl para axudar aos pobres. Para elas, Concepción escribe no ano 1860 , “ A Beneficencia”, será a primeira muller premiada pola academia de ciencias morales e políticas. Posteriormente publicou libros de poesía e ensaio como ”Cartas a os delincuentes“, “Oda a esclavitude“, “O reo”, “O Pobo e o verdugo”. Concepción Arenal nace o feminismo e España otorga á educación e instrucción da muller un papel fundamental. CONCEPCIÓN ARENAL VOLTAR

Susan Brownell Anthony naceu en 1820 en Masachussets. (EEUU) Morreu en Rochester (Nova York) Susan Brownell Anthony naceu en 1820 en Masachussets. (EEUU) Morreu en Rochester (Nova York) o 13 de marzo de 1906. O seu pai, Daniel Anthony, era un mestre cuáquero liberal que rexentaba unha empresa de manofacturas de algodón e militaba activamente no movemento antiesclavista. Susan educouse nun ambiente de independencia de criterio e rigor ético que marcaría toda a súa traxectoria política. Cando tiña seis anos, a familia trasladouse a Battensville (Nova York). Acudeu á escola primaria local e logo pasou ao colexio que o seu pai fundara e dirixía. Completou os seus estudos , orientados á pedagoxía, nun internado feminino de Filadelfia e nun colexio para señoritas de interior do estado de Nova York. Ao concluir os seus estudos, regresou á casa familiar en Rochester (Nova York) e adicouse á ensinanza ata que cumpliu os trinta anos. Susan B. Anthony foi a segunda de sete fillos. Encabezou o movemento feminista: loitou pola revindicacios dereitos da muller, e a favor do sufraxio. Tamén interesouse activamente na loita pola abolición da escravitude. Defendeu a coeducación e loitou para que as universidades aceptaran ás mulleres. Foi presidenta da Asociación Nacional Americana pro Sufraxio Feminino dende 1892 -1900. SUSAN BROWNELL ANTHONY VOLTAR

ROSALÍA DE CASTRO Rosalía naceu en Santiago de Compostela en 1837. Foi bautizada cos ROSALÍA DE CASTRO Rosalía naceu en Santiago de Compostela en 1837. Foi bautizada cos nomes de María Rosalía Rita. Xa na escola amosou talento coma versificadora. Tamén lle gustaba o debuxo, a música e a declamación. Rosalía de Castro casou con Manuel Murguía e tivo sete fillos. Tivo que cambiar de domicilio varias veces entre Simancas e Madrid. Nunca tivo boa saúde e loitou contra diversas enfermidades. Viviu adicada aos seus fillos e a seu marido, nunca aspirou a ser famosa. Foi seu home quen a animou a que publicara as súas obras. Morreu de cancro aos corenta e oito anos na súa casa de Padrón, que hoxe é un museo adicado a ela e a súa obra. Compuxo os seus primeiros versos a idade de 12 anos. Aos 17 xa era coñecida polo seu primeiro libro La flor. A súa maneira de ver a vida vese reflectida no seu último libro Follas Novas. No seu libro de Cantares, Rosalía asume a voz do pobo galego. A súa obra mestra en castelán é En las Orillas del Sar, versos de ton intimista. VOLTAR

EMILIA PARDO BAZÁN Nacemento: 16 de setembro de 1851 na Coruña. Falecemento: 12 de EMILIA PARDO BAZÁN Nacemento: 16 de setembro de 1851 na Coruña. Falecemento: 12 de maio de 1921 en Madrid. Emilia Pardo Bazán era filla dunha familia nobre galega, os condes de Pardo Bazán, título que ela heredou no ano 1870. Foi a súa nai quen a animou a ler e escribir. Cando tiña nove anos xa mostraba gran interese pola escritura. Marchou a vivir a Madrid no ano 1869 e logo a Francia, e dende alí visitou outros países europeos e así aprendeu varios idiomas como o francés, inglés, alemán… Era asidua lectora dos escritores clásicos españois e tamén se interesaba polas novidades literarias extranxeiras. Deuse a coñecer como escritora cunha obra sobre o “padre Feijoo” e cun libro de poemas que lle adicou ao seu primeiro fillo. Escribiu despois a súa primeira novela “Pascual López” no ano 1879 á que seguiron outras como “Un viaje de novios” e “La Tribuna” e tamén a publicación de distintos artigos nas revistas da época. Asiste a congresos e denuncia a desigualdade educativa entre homes e mulleres. Chegou a ser catedrática da Universidade de Madrid pero os estudiantes para boicoteala por ser muller non asistían ás suas clases. Emilia Pardo Bazán deixou una obra literaria moi rica con distintos temas e estilos. VOLTAR

MARIE CURIE Marie Sklodowska Curie naceu en Polonia o 7 de novembro de 1867. MARIE CURIE Marie Sklodowska Curie naceu en Polonia o 7 de novembro de 1867. Como as mulleres no seu país no podían ir a universidade, cando tiña 24 anos trasladouse a vivir a Francia, para estudar na universidade de París. Casou con Pierre Curie e adicouse a investigar sobre a radioactividade. En 1898 ela e seu marido descubriron o polonio (lle dou ese nome en honor o seu país de nacemento) e o radio. Foi a primeira muller polaca que recibiu o premio Nobel de Física, que compartiu co seu marido. Tamén foi a primeira muller que dou clase na universidade francesa da Sorbona. En 1911 gañou por segunda vez o premio Nobel. Esta vez o de Química. Segue a ser a única persoa que obtivo o Nobel dúas veces. Tivo unha filla a que tamén lle deron o Nobel de Química en 1935. Morreu en 1934, dunha leucemia provocada polas súas investigacións. VOLTAR

María Montessori naceu o 31 de agosto no ano 1870 en Chiaravalle, provincia de María Montessori naceu o 31 de agosto no ano 1870 en Chiaravalle, provincia de Ancona, Italia. A súa nai foi Renilde Stoppani e o seu pai Alessando Montessori militar de profesión e moi estricto. Estudou Enxeñaría aos 14 anos, logo estudou Bioloxía e por último foi aceptada na Facultade de Mediciña na Universidade de Roma “La sapienza”. A pesar de que o seu pai se opuso ao principio, graduouse no 1896 coma a primeira Muller médica de Italia. Foi membro da Clínica Psiquiátrica Universitaria de Roma. Máis tarde, estudou Antropoloxía e obtuvo o doutorado en Filosofía, época na que asistiu a un dos primeiros cursos de Psicoloxía experimental. É contemporánea de Freud e desenrolou a súa propia clasificación de enfermidades mentais. Interesouse pola nova pedagoxía, a importancia da observación nos nenos. Pensaba que aos nenos non se lles podía impoñer nada; creou exercicios e materiais para axudar aos nenos/as a desenvolverse. Recibe a Lexión de Honor de Francia pola súa destacada labor no campo da educación, así coma a condecoración Honoris Causa da Universidade de Amsterdam i é proposta 3 veces para o Nobel da Paz. Dicía que a “Salvación atopábase no neno” Vivíu e traballou para e por as súas conviccións de que o neno é un ser diferente e que había que axudalo a desenvolverse. María Montessori morreu en Holanda no 1952, aos 81 anos de idade. MARÍA MONTESSORI VOLTAR

Naceu o 12 de febreiro de 1. 888 en Madrid e morreu o 30 Naceu o 12 de febreiro de 1. 888 en Madrid e morreu o 30 de abril de 1972 en Lausana (Suiza). Clara Campoamor foi unha política española defensora dos dereitos da muller e principal impulsora do voto universal que fixo cas mulleres poideran votar en España nas eleccións de 1933. Despois de desempeñar varios oficios, estudou a carreira de Dereito en tan so dous anos e foi unha das primeras mulleres españolas que exerceron esta profesión. Sempre defendeu as súas ideas sobre a igualdade da muller e nas conferencias que daba trataba temas relacionados con esta problemática. No ano 1931 Clara foi elexida diputada (as mulleres nesta data podían ser elexidas pero non votar) e desde ese posto escomenzou unha loita pola non discriminación por mor do sexo, a igualdade dos fillos e fillas habidos dentro e fóra do matrimonio, o divorcio, o voto feminino… Conseguiu todo excepto o relativo ao voto xa que moitos políticos de esquerda non querían cas mulleres votaran porque dicían que estaban influenciadas pola Iglesia e estarían a favor da dereita, pero a insistencia de Clara fixo que finalmente lle fose recoñecido este dereito ás mulleres. Por esta loita foi abandoada por moitos políticos que estaban en contra do que ela defendía. Así, gracias a Clara Campoamor, dende o ano 1933 as mulleres poden votar en España. CLARA CAMPOAMOR VOLTAR

GABRIELA MISTRAL Poeta nada en Vicuña, pequena localidade de Chile en 1889. O seu GABRIELA MISTRAL Poeta nada en Vicuña, pequena localidade de Chile en 1889. O seu nome real era Lucila Godoy Alcayaga, pero adoptou o seu pseudónimo inspirada pola obra de Gabriel DAnuncio e Frederic Mistral. A súa labor literaria comezou a coñecerse no 1914 ao resultar gañadora duns xogos florais. En 1922 foi publicada a súa primeira obra e dende entón viaxou por numerosos países de América e Europa. Gañou o Premio Nobel de Literatura no 1945 como un xusto recoñecemento non só da súa produción poética senón tamén pola súa labor literaria e social, xa que adicou toda a súa vida a difundir a cultura e a loitar pola xustiza social e polos dereitos humanos. Morreu en Nova York no ano de 1957. VOLTAR

Tuscumbia 1880 - Easton 1968. Foi unha escritora norteamericana, invidente e xordomuda que se Tuscumbia 1880 - Easton 1968. Foi unha escritora norteamericana, invidente e xordomuda que se especializou na educación para os discapacitados. Sufriu unha grave enfermidade aos dezanove meses de idade, debido a cal perdeu a vista e o oido. Cando cumpliu os seis anos, os seus pais contrataron a unha institutriz irlandesa, Ann Sullivan, quen lle ensinou a linguaxe dos sordomudos e marcaría un xiro radical na súa vida. Posterioremente e xunto a súa intitutriz, proseguiu os seus estudos especiales na institución “Horace Man School” para xordos, de Boston , e na “Wright – Humason Oral School” en Nova York. Alí non só aprendeu a falar, ler i escribir, senon que se capacitou para cursar estudos superiores. Sempre acompañada por Anne Sullivan, dende 1900 hata 1904. Completou a súa formación no “Radcliffe College”, onde se graduou coa mención “Cum Laude”. Trala súa graduación, Keller realizou diversos viaxes a Europa e Africa. Os seus libros pronto se convertiron nun exemplo de tenacidade e resistencia fronte as doenzas e desventuras da vida, especialmente as físicas. Entre as súas publicacións atopamos “Historia da miña vida” (1902), ”Optimista” (1903), “Paz no atardecer” (1932), “O diario de Hellen Keller” (1938), … Keller publicou tamén algúns artigos na prensa e nas revistas especializadas. En 1930 Heller tivo ocasión de devolver os favores prestados e a adicación a súa institutriz, Anne Sullivan, cando esta perdeu a vista imprevisiblemente. HELLEN KELLER VOLTAR

DOLORES IBÁRRURI “A PASIONARIA” Dolores Ibárruri naceu en Gallarta, Biscaia, o 9 de decembro DOLORES IBÁRRURI “A PASIONARIA” Dolores Ibárruri naceu en Gallarta, Biscaia, o 9 de decembro de 1895. Pertencía a unha familia mineira, posto que seu pai o era. Só estudou ata 1910 por problemas económicos. En 1916 cásase con Julián Ruíz Gabiña, un mineiro socialista co que terá seis fillos, dos que só un sobreviviría. Anos máis tarde divorciaríase. Comezou a súa carreira política no partido comunista tras ser impresionada pola revolución Bolchevique, en Rusia. Foi encarcelada varias veces e exiliouse na URRS trala Guerra Civil Española. É nomeada presidenta do PCE en 1960. Volve a España trala morte de Franco, en 1977 i é elexida diputada das Cortes Españolas por Asturias. Morre en Madrid o 12 de novembro de 1989 i é soterrada no Cimiterio Civil da Almudena. Esta muller foi importante porque defendeu os dereitos da muller e os uniu a súa loita política. Era boa oradora e convencía nos seus dircursos aos milicianos. VOLTAR

FRIDA KHALO Frida naceu en Coyacán, México, o 6 de xullo de 1907. Cando FRIDA KHALO Frida naceu en Coyacán, México, o 6 de xullo de 1907. Cando tiña seis anos enfermou de poliomielites e tivo que estar na cama nove meses, quedando moi delgada e con unha perna e un pé mal. Aos dezaoito anos tivo un accidente moi grave cunha longa convalecencia, e foi neste tempo cando aprendeu a pintar. Casouse cun pintor muralista chamado Diego Rivera. Como tivo que estar moito na cama debido a súas enfermidades pintou moitos autorretratos como “Autorretrato con monos” e “As dúas Fridas”. Nas súas obras reflexa a identidade mexicana, con técnicas e temas sacados do folklore do seu país. Nos seus cadros representa a súa dolorosa experiencia persoal coma “A columna rota” na que pintou un aparello ortopédico de metal nun corpo aberto mostrando unha columna rota. Tamén realizou retratos de nenos, pero as obras que a fixeron máis famosa foron os cadros nos que se pinta ela mesma e os que reflexan a súa vida. Morreu en Coyoacán, o 13 de xullo de 1954. VOLTAR

Nada 0 26 de agosto de 1910, a nai Teresa era albanesa de orixen Nada 0 26 de agosto de 1910, a nai Teresa era albanesa de orixen e o seu nome era Agnes Gonxha Bojaxhi. En 1948 adoptou a cidadanía hindú. Aos 18 anos ingresou na Orden das Irmáns da Nosa Señora de Loreto en Irlanda. En 1931 cambiou o seu nome polo de Teresa en honor a unha monxa francesa. En 1937 tomou os votos relixiosos, marchouse a India e estivo dando clases durante 20 anos nun colexio de Calcuta. En 1946 decidiu adicar a súa vida ao servizo dos máis pobres. Dende 1948 comezou a vivir nas rúas de Calcuta cos máis pobres, os enfermos e os famentos. Fundou unha congregación relixiosa chamada Misioneiras da Caridade. O seu traballo inicial foi o de ensinar a ler aos nenos pobres das rúas. Xa no ano 1950 comezou a axudar as persoas enfermas de lepra. Pouco a pouco fóronse abrindo outros centros en todo o mundo para atender aos leprosos, aos anciáns, aos cegos e as persoas enfermas do sida. Tamén fundáronse escolas e orfanatos para os pobres e os nenos abandonados. Por todo elo en 1979 concedéronlle o Nobel da Paz, e os cartos do premio dounos para os pobres. Morreu en Calcuta, o 5 de setembro de 1997, aos 87 anos. TERESA DE CALCUTA VOLTAR

ROSA PARKS Nace o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, (EEUU) e morre ROSA PARKS Nace o 4 de febreiro de 1913 en Tuskegee, (EEUU) e morre o 24 de outubro de 2005 aos 92 anos. Rosa Parks viviu nunha época na que a segregación, o sexa a separación das persoas por motivos raciais, predominaba na maioría dos estados americanos. No ano 1955 tivo lugar un incidente que a fixo mundialmente famosa e que tivo importantes consecuencias no terreo da loita pola igualdade de dereitos. Rosa Parks, unha humilde modista negra, negouse a deixarlle o seu asiento no autobús a un viaxeiro branco. O conductor chamou a policía e Rosa foi detida e obrigada a pagar unha multa. Nestas datas as persoas de cor tiñan prohibido o acceso a piscinas, escolas, restaurantes e un gran número de servicios públicos, exclusivos para os brancos. O incidente do autobús fixo que se creara unha asociación para defender os dereitos dos negros. Martín Luther King foi o seu presidente e organizou un boicot á compañía de autobuses e tivo tanto éxito que o goberno norteamericano veuse na obriga de abolir a segregación nos transportes públicos. Rosa seguiu na súa defensa polos dereitos humanos e aínda hoxe é considerada unha figura das máis importantes nesta loita VOLTAR

INDIRA GANDHI Naceu en Allahabad (India), o 19 de novembro de 1917. Foi unha INDIRA GANDHI Naceu en Allahabad (India), o 19 de novembro de 1917. Foi unha grande política e estadista, única filla de Jawahalal Nehru, o primeiro presidente da India independente. No 1938 ingresou no Partido de Congreso e participou na loita pola independencia ao lado de Gandhi. No 1959 foi elixida presidenta da partido e máis tarde nomeada ministra de información. Cando morreu o primeiro ministro foi nomeada para o cargo de primeira ministra do país. Realizou a cabo unha política progresista. Aceptou a axuda soviética na guerra entre India e Pakistán, que levou a posterior creación de Bangladesh. En 1975 declarou o estado de emerxencia e suprimiu as liberdades individuais, o que a levou a perder o poder. Recuperouno ao gañar as eleccións en 1980. No 1984 por querer acabar co terrorismo sij, ordenou o ataque a un dos seus templos e morreron moitas persoas. Pouco tempo despois morreu asasinada en Nova Delhi, o 31 de outubro de 1984, por uns gardas de orixe sij que tiñan relación co grupo terrorista. VOLTAR

Mª Eva Duarte nace o 7 de maio de 1919 en Bos Aires (Arxentina) Mª Eva Duarte nace o 7 de maio de 1919 en Bos Aires (Arxentina) e Morre o 26 de xullo de 1952 Eva era filla de Juan Duarte e Juana Ibarguren. Viviu os primeiros anos da súa vida nunha poboación adicada á agricultura ata que con só 15 anos marchou a Bos Aires para ser actriz de teatro, radio e cine. No ano 1944 coñeceu ao Coronel Juan Domingo Perón co que se casou. Cando Perón asumiu a Presidencia da Arxentina no ano 1946, Eva iniciou de maneira incansable un traballo social. A súa primeira intervención diante dun micrófono foi un éxito impresionante e dende ese momento fíxose moi popular. Creou no ano 1948 a “Fundación de Axuda Social Eva Perón” e mandou construir escolas, hospitais, fogares para anciáns, espacios de lecer… Así fíxose a figura máis querida polas persoas traballadoras da Arxentina aos que ela chamaba cariñosamente “descamisados”. Participou activamente na instauración do voto feminino e promoveu o recoñecemento dos dereitos dos traballadores e das mulleres. Xa enferma de cancro seguiu loitando polos traballadores e traballadoras e apoiando ao seu home que volveu a ser elexido Presidente gracias a súa axuda. Morreu con 33 anos e o día do seu enterro toda Arxentina acompañouna na súa despedida. EVA PERÓN VOLTAR

ROSALIND FRANKLIN Rosalind naceu o 25 de xulio de 1920 en Kensington, Londres, e ROSALIND FRANKLIN Rosalind naceu o 25 de xulio de 1920 en Kensington, Londres, e morreu o 16 de abril de 1958 en Chelsea. Os pais de Rosalind Franklin eran banqueiros e servidores públicos. Rosalind graduouse na Universidade de Cambridge en 1941, non sen antes salvar a oposición paterna. Fixo estudios fudamentais de microestructuras do carbón e do grafito e este traballo foi a base do seu doctorado en Química e Física, que obtivo na Universidade de Cambridge. Pasou tres anos productivos (1947 -1950) en París no “Laboratoire de Services Chimiques de C’Etat”, onde estudou as técnicas da drifracción da radiografía. Rosalind obtuvo unha fotografía da difracción de Raios X que revelou de maneira inconfundible, a estructura helicolial da molécula do DNA. Foi importante, porque descubriu o ADN, pero non foi premiada co premio Nobel. O máis patético, se se pode chamar así, é que o premio Nobel déronllo ás persoas que empregaran os seus datos a escondidas sen o seu permiso, ademais mostráronlle o seu desprezo como científica e amargáronlle a súa carrerira de científica de dous anos que pasou no centro de King’s College de Londres. VOLTAR

MARÍA CALLAS María Anna Sofía Cecilia Kalogeropoulos naceu en 1923 en Nova York. Morreu MARÍA CALLAS María Anna Sofía Cecilia Kalogeropoulos naceu en 1923 en Nova York. Morreu en 1977 en París. Filla dun emigrante grego, ingresou no conservatorio de Atenas onde, nun principio, non atoparon nela nada que fixera pensar que chegaría onde chegou. Entre os anos 1940 e 1945 actuou como cantante de ópera no seu país, pero xa no ano 1947 marchou a Italia onde obtivo tanto éxito que enchía todos os teatros nos que actuaba. Aquí consagrouse coma unha gran soprano. A década dos cincuenta foi a do seu triunfo absoluto. Ademáis de representar as mellores obras, iniciou a recuperación dalgunhas óperas olvidadas. A súa vida persoal non foi moi afortunada e xa no ano 1965 anunciou que se retiraba dos escenarios, debido a súa fraxil saúde, pero seguiu realizando algunhas xiras de concertos por distintos países e tamén adicouse á ensinanza musical. Morreu dun ataque cardíaco en París pero recordase dela a súa forma persoal de interpretar e a súa portentosa voz que a convertiron nun mito mundial da ópera. VOLTAR

Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu o 22 de Naceu en Salamanca o 8 de decembro de 1925 e morreu o 22 de xullo do 2000 en Madrid. Licenciada en Filosofía e Letras pola universidade salmantina. No ano 1948, aos vintecinco anos de idade, trasladouse a Madrid onde coñeceu a Rafael Sánchez Ferlosio co que contraxo matrimonio e tivo unha filla antes de separarse. Escritora polifacética, magnífica ensaísta e traductora de literatos. Traballou como crítica e, tamén, para a televisión. Ademáis do premio Nadal por “Entre visillos” (1958), o Premio Nacional da Literatura “El cuarto de atrás” (1978), o Premio Príncipe de Asturias de letras ( 1988) recibiu tamén o premio Castela e León das Letras en (1992). As súas obras centráronse en narracións de recordos de personaxes femininos, no análise psicolóxico das protagonistas que repasan a súa vida e se enfrentan aos fantasmas do pasado. Carmen Martín Gaite destaca por ser a primeira muller a que se lle concede o Premio Nacional de Literaturae por gañar o Premio Nacional das Letras polo conxunto da súa obra. Foi una das persoas máis, e mellor, premiadas do mundo da literatura. CARMEN MARTÍN GAITE VOLTAR

Zoóloga e antropóloga británica, naceu en Londres o 3 de abril de 1934. As Zoóloga e antropóloga británica, naceu en Londres o 3 de abril de 1934. As lecturas favoritas de Jane na súa infancia foron libros sobre a vida dos animais, coma “O libro da selva”, o que fixo que con dez anos soñara con ir a África, vivir entre os animais i escribir sobre eles. JANE GOODALL Con vintetres anos, despois de estudiar secretariado e traballar nunha compañía de documentais en Inglaterra, marchou a Nairobi gracias á invitación dunha amiga. Foi contratada coma asistente polo famoso antropólogo Louis Leakey, para buscar i estudiar fósiles. Máis tarde adicouse a estudiar aos chimpancés no seu ambiente natural, en Tanzania. Iníciase así nos estudios sobre os chimpancés que lle permien observar como os animais constrúen e usan ferramentas para obter alimento. En 1977 funda o instituto que leva o seu nome, co obxectivo de impulsar programas de conservación da especie e mellorar as condicións de vida dos chimpancés. Ó longo da súa carreira ten sido homenaxeada e distinguida con diversos premios pola súa labor. En 1984, recibiu o premio J. Paul Getty Wildlife Conservation por "ayudar a millones de personas entender la importancia de la conservación de la vida silvestre en la vida del planeta". É Embaixadora da Paz polas Nacións Unidas. Ten recibido máis de 100 premios internacionais e máis de 40 doutorados Honoris Causa. VOLTAR

Valentina Vladimirovna Tereshkova naceu en Maslennikovo en 1937. Filla dun tractorista e dunha traballadora Valentina Vladimirovna Tereshkova naceu en Maslennikovo en 1937. Filla dun tractorista e dunha traballadora da industria téxtil, dende moi temperá idade practicou o deporte de salto en paracaídas, e mesmo obtivo o título de instrutora na devandita especialidade. Traballadora nunha fábrica téxtil, Tereshkova completaba os seus estudos nunha escola nocturna. Fortemente atraída pola investigación espacial, non dubidou en presentarse voluntaria como futura astronauta. Tras un duro adestramento, o 16 de xuño de 1963 Tereshkova foi lanzada ao espazo a bordo da nave Vostok 6, coa que orbitou 48 veces a Terra nunha viaxe espacial de 70 horas e 50 minutos de duración, que finalizou o 19 de xuño. Para o descenso, tivo que lanzarse en paracaídas dende máis de 6 000 m de altura, despois de abandonar a cápsula espacial, e tomou terra en Karaganda (Kazajstán). Posteriormente, Tereshkova interesouse pola política. En 1968 foi nomeada xefe do comité de mulleres soviéticas e foi deputada do Soviet Supremo ata 1970. En 1974 foi elixida membro do Presidium. Participou na Conferencia Mundial da ONU con motivo do Ano Internacional da Muller levada a cabo en México en 1975, e en 1982 recibiu o premio Simba pola sua labor de promoción da muller. Falleceu en 1999. VALENTINA TERESKHOVA VOLTAR

Nacemento: 21 de xuño de 1953 en Pakistán Falecemento: 27 de decembro en Rawalpindi Nacemento: 21 de xuño de 1953 en Pakistán Falecemento: 27 de decembro en Rawalpindi (Pakistán) Benazir Bhutto foi unha política pakistaní que loitou contra o reximen militar deste país e se convirtiu na primeira muller do mundo que gobernou un estado musulmán cando foi elexida Primeira Ministra no ano 1. 988. Estudiou Ciencias Políticas en universidades europeas e volveu a Pakistán para loitar pola democracia, pero tivo que exiliarse en Londres por motivos políticos. A súa personalidade cobrou unha dimensión internacional pola loita que mantivo co dictador que estaba gobernando e así chegou ela a gañar as eleccións. Sen embargo contou coa oposición dos partidos relixiosos que non admitían que unha muller estívese ao frente do goberno e despois de dous anos foi acusada de corrupción e tivo que deixar o seu cargo. No ano 1993 foi de novo reelexida para que gobernara o país pero no 1996 foi outra vez condeada a prisión e volveu a abandoar o país. Durante as súas campañas electorais sempre manifestou a súa preocupación polos asuntos sociais e pola saúde das mulleres e fixo moitas promesas para arranxar este problema pero nunca se levaron a cabo pola presión que sobre ela exerceron tanto a oposición como os partidos relixiosos. Foi asasinada o 27 de decembro de 2007 despois dunha manifestación, duas semanas antes das eleccións. BENAZIR BHUTTO VOLTAR

RIGOBERTA MENCHÚ Naceu en Guatemala no ano 1959. É filla dunha familia de campesiños. RIGOBERTA MENCHÚ Naceu en Guatemala no ano 1959. É filla dunha familia de campesiños. A súa infancia e xuventude estiveron marcadas polo sufrimento, a pobreza, a discriminación racial e a violencia das clases dominantes. Varios membros da súa familia, incluida a súa nai, foron torturados e asasiñados polos militares. Rigoberta Menchú inició unha campaña pacífica de denuncias contra o goberno de Guatemala e contra a violación dos dereitos humanos que sufrían os campesinos indíxenas. Para escapar da represión exiliouse en México. Recorreu o mundo coa súa mensaxe. En 1998 regresou o seu país para continuar loitando contra as inxusticias. En 1992 concedéronlle o Premio Nobel da Paz. VOLTAR

Mulleres e homes somos diferentes, e temos capacidades e necesidades distintas. Iso sí, diferentes, Mulleres e homes somos diferentes, e temos capacidades e necesidades distintas. Iso sí, diferentes, pero cos mesmos dereitos. Ata non hai moito, e nalgúns países aínda é así, a cultura patriarcal na que vivimos vía á muller como un ser predeterminado para as labores simples, ou carente dalgún reto intelectual. Pero a igualdade de xéneros é unha parte importante para o desenvolvemento social e humano, e non existe argumento algún para continuar discriminando á muller.

Non fai falla remontarse a moi lonxe no tempo para ver que aquí en Non fai falla remontarse a moi lonxe no tempo para ver que aquí en España, ata 1975, o Código civil equiparaba á muller cos nenos, os tolos e os sordomudos que non superan ler nen escribir, e tiña a obligación legalmente imposta de obedecer ao marido. Sen o seu permiso non podía traballar, abrir contas bancarias, ter un pasaporte nen o carnet de conducir. Neste afán por considerar incapaz á muller, ata 1975 a muller non tiña a patria potestade sobre os seus fillos e aínda que a maioría de idade se alcanzaba entón aos 21 anos, a muller non podía abandonar a casa dos seus pais ata os 25 anos a menos que tivera permiso dos mesmos. Afortunadamente esta situación ten cambiado moito.

Pese a elo, segundo Amnistía Internacional, existen polo menos 36 países con leis que Pese a elo, segundo Amnistía Internacional, existen polo menos 36 países con leis que discriminan ás mulleres só por seren mulleres. • En Arabia Saudí non teñen dereito a voto nin poden ir pola rúa sen un familiar próximo varón. • En Nixeria poden ser legalmente maltratadas polos seus homes sempre que non lles causen “danos graves” e mesmo poden ser lapidadas por teren fillos sen estar casadas. • En Israel, a muller, a diferenza do home, non ten dereito a divorciarse. • En Camerún o marido decide se a muller pode traballar ou non. • En Sudán e Yemen están obrigadas a manter relacións sexuais cos seus maridos cando eles o demanden e non poden saír da casa sen o seu permiso.

E deixando á parte as leis, están os costumes que veñen de lonxe no E deixando á parte as leis, están os costumes que veñen de lonxe no tempo: -Na India, o pai casa á filla nun matrimonio de conveniencia previo pago á famila do noivo dunha boa dote e as nenas poden ser prometidas nada máis nacer. -Nalgunhas rexións de África, máis de 80 millóns de nenas foron circuncidadas mediante a ablación do clítoris. -Na India, Pakistán e Bangladesh, existe unha regla admitida para frear o crecemento da poboación rural: todas as mulleres que teñan un fillo varón , deben abortar ou ser esterilizadas. Si o primeiro fillo é nena, a parella pode ter un segundo fillo; si o segundo fillo tamén é nena, poden ter opción a un terceiro, pero pagando unha multa. -En moitos países o modo de vestir das mulleres venlles imposto pola “cultura”. Aínda hai moito por facer….

 • Ao longo da historia, ten habido mulleres que revelándose contra ese segundo • Ao longo da historia, ten habido mulleres que revelándose contra ese segundo plano imposto pola cultura, fixeron aportes considerables para a humanidade e que en ocasións non recibiron o creto que merecían. • O presente traballo é froito da investigación levada a cabo polas nenas e nenos do 2º e 3º ciclos de educación Primaria do colexio no ano 2012 co gallo do día da muller, porque só coñecendo de onde vimos poderemos saber a onde vamos.

INICIO INICIO